miércoles, 1 de octubre de 2014

Non estaban mortos, que estaban tomando cañas.

Os 2M14 seguimos vivos e tomando cañas.
Reanímase a fráxil axenda e hai que musicar a caida da folla.
Para aquelas persoas interesadas, próximas datas:

- Ourense. El Cercano. Venres, 17 de outubro.
- Compostela. Malas Pécoras. Sábado, 15 de novembro.
- Compostela. Borriquita de Belén. Xoves, 4 de decembro.

Hai novos vídeos!!
Tocando na maratón de jazz galego que se celebrou o 19 de xuño na Quintana. Podédes atopalos na canle TV de: www.club1906.es


Un saúdo e agardamos as vosas presencias inspiradoras.

2 comentarios:

  1. Intentaremos estar.
    Hora?
    Firmado:
    A mala pécora da Tarela street.

    ResponderEliminar
  2. Non estamos mortos, pero casi.
    O concerto do día 4 de Decembro na Borriquita de Belén, por razóns alleas ó dúo, suspéndese ata novo aviso.
    Lamentablemente, as posibilidades de improvisar diante dun público, cada vez son máis restrinxidas e Compostela estase a converter nun contedor temático da mediocridade e da falta de humanidade.
    Vai ser moi difícil recuperar a dignidade para os músicos que tanto fixemos pola cultura desta cidade, é o sino dos tempos dunha política errada e votada (ou non) por seres inconscientes que obedecen ó deus diñeiro, o único que a-parece verdadeiro.
    Queríades capitalismo? Pois a roelo.

    ResponderEliminar