martes, 7 de julio de 2015

Cabe pensar?

Despois dun longo inverno.
Chegou a primavera da esperanza.
Os que sobrevivimos aínda temos folgos pra seguir...
Aqueles que van quedando polo camiño, non voltarán.

Cabe pensar no eido da creación, que cada día é máis difícil mostrar as novas criaturas nun troco digno e xusto. A resposta do público fiel supón para nós, a obriga dunha entrega total e na medida do posible acadar novas propostas máis arriscadas, se cabe.  A opinión e posible público que se se comunica cibernéticamente está a influir dun xeito nada fiable. Algúns pululan coma zombis a golpe de "gústame", outros ignoran, e os mais déixanse levar pola correción política-social, tamén están os trolls, que por sistema tratan de atacar sen respeto, nen educación, pagados de si mesmo.
Pode conxugarse todo o anterior, e facelo xogo postmoderno de mantela postura de estar por enrriba do ben e do mal. Pode, mais non cola. A arte debe crear debate, non ser un mero artificio.

"Hai que petar nas portas para que conten contigo" me dicía un amigo hai pouco; eu pensaba naquel vello dito: o que non chora, non mama. Eche certo. Cavilei aquela noite, de que maneira poder chegar a facelo que che gusta e sintes, sen ter que asumir a condición servil ante os que manexan ou programan as ofertas culturais deste país, ben sexa con cartos públicos ou iniciativas culturais privadas. Cómo ser tido en conta -dun xeito lexítimo- sen ser criticado polos compañeiros?
A laboura dun artista é crear, e que vendan outros. O malo e se nos malvenden ou xa de principio rexeitan o teu proxecto por pouco comercial, escasa proxeción pública ou vai saber qué.

O que quero decir, e podo errar nesta opinión. É que xa está ben das inercias endogámicas que o único que xeran é clientelismo, malos hábitos de opinións interesadas, e sobre todo desacougo, tanto para os que se benefician habitualmente, como, para quenes son ignorados continuamente.
Os egos dos artistas en xeral e os de algúns en particular son un tema moi complexo - como é natural- e como humanos que somos en presunta e irremediable evolución, compre practicar a solidariedade, o humanismo, e sobre todo a xenerosidade. Farános máis libres e mellores persoas, e casi seguro: Máis creativos, se cabe. Porque caber, cabemos todxs.