2M13 na Borriquita de Belém (vídeo realizado e cedido por Noe)
Dous Músicos, Médiums, Menciñeiros, Manipuladores dos sons imprevistos, percorrendo as secuencias do tempo presente, respirando xuntos na aventura da creación improvisatoria.
Atentos a posibilidade da forma, dando forma a posibilidade. Comezaron a camiñar xuntos na primavera do 2003..., e seguen insistindo. Non dubide se ten oportunidade de escoitalos ao vivo.
Está formado por: Pablo "Sax" F. Sinde - Saxofón alto e soprano + electrónica.
L.A.R. Legido - Batería, xoguetes/obxetos sonoros.
2 M é unha proposta que percorre o tempo terrestre nas sucesivas edicións que marca o calendario.
Parabéns, amigos , por este novo espazo sideral. Fantástica actuación desde par de tolos! Desde a miña lúa ata aquí apenas hai distancia, así que voltarei en breve.Verdadeiramente o parabrisas do noso catro latas xa non da para máis. Agora toca cohete espacial. Cambia, todo cambia...
ResponderEliminarApertísimas e bicos moitos.
Moitas gracias estimadísima amiga selenita.
ResponderEliminarEfectivamente, todo muda e compre renovarse. Bicos