Despois dun longo inverno.
Chegou a primavera da esperanza.
Os que sobrevivimos aínda temos folgos pra seguir...
Aqueles que van quedando polo camiño, non voltarán.
Cabe pensar no eido da creación, que cada día é máis difícil mostrar as novas criaturas nun troco digno e xusto. A resposta do público fiel supón para nós, a obriga dunha entrega total e na medida do posible acadar novas propostas máis arriscadas, se cabe. A opinión e posible público que se se comunica cibernéticamente está a influir dun xeito nada fiable. Algúns pululan coma zombis a golpe de "gústame", outros ignoran, e os mais déixanse levar pola correción política-social, tamén están os trolls, que por sistema tratan de atacar sen respeto, nen educación, pagados de si mesmo.
Pode conxugarse todo o anterior, e facelo xogo postmoderno de mantela postura de estar por enrriba do ben e do mal. Pode, mais non cola. A arte debe crear debate, non ser un mero artificio.
"Hai que petar nas portas para que conten contigo" me dicía un amigo hai pouco; eu pensaba naquel vello dito: o que non chora, non mama. Eche certo. Cavilei aquela noite, de que maneira poder chegar a facelo que che gusta e sintes, sen ter que asumir a condición servil ante os que manexan ou programan as ofertas culturais deste país, ben sexa con cartos públicos ou iniciativas culturais privadas. Cómo ser tido en conta -dun xeito lexítimo- sen ser criticado polos compañeiros?
A laboura dun artista é crear, e que vendan outros. O malo e se nos malvenden ou xa de principio rexeitan o teu proxecto por pouco comercial, escasa proxeción pública ou vai saber qué.
O que quero decir, e podo errar nesta opinión. É que xa está ben das inercias endogámicas que o único que xeran é clientelismo, malos hábitos de opinións interesadas, e sobre todo desacougo, tanto para os que se benefician habitualmente, como, para quenes son ignorados continuamente.
Os egos dos artistas en xeral e os de algúns en particular son un tema moi complexo - como é natural- e como humanos que somos en presunta e irremediable evolución, compre practicar a solidariedade, o humanismo, e sobre todo a xenerosidade. Farános máis libres e mellores persoas, e casi seguro: Máis creativos, se cabe. Porque caber, cabemos todxs.
Improvisación e Liberdade (Entre pitos e frautas)
"A miña cordura cada vez máis tola. A miña tolura cada vez máis corda"...dixo Pablo Sax.
martes, 7 de julio de 2015
miércoles, 1 de octubre de 2014
Non estaban mortos, que estaban tomando cañas.
Os 2M14 seguimos vivos e tomando cañas.
Reanímase a fráxil axenda e hai que musicar a caida da folla.
Para aquelas persoas interesadas, próximas datas:
- Ourense. El Cercano. Venres, 17 de outubro.
- Compostela. Malas Pécoras. Sábado, 15 de novembro.
- Compostela. Borriquita de Belén. Xoves, 4 de decembro.
Hai novos vídeos!!
Tocando na maratón de jazz galego que se celebrou o 19 de xuño na Quintana. Podédes atopalos na canle TV de: www.club1906.es
Un saúdo e agardamos as vosas presencias inspiradoras.
Reanímase a fráxil axenda e hai que musicar a caida da folla.
Para aquelas persoas interesadas, próximas datas:
- Ourense. El Cercano. Venres, 17 de outubro.
- Compostela. Malas Pécoras. Sábado, 15 de novembro.
- Compostela. Borriquita de Belén. Xoves, 4 de decembro.
Hai novos vídeos!!
Tocando na maratón de jazz galego que se celebrou o 19 de xuño na Quintana. Podédes atopalos na canle TV de: www.club1906.es
Un saúdo e agardamos as vosas presencias inspiradoras.
miércoles, 12 de marzo de 2014
2 M 14. Unha volta máis
Un novo petisco.
Unha nova misión.
Os astromúsicos seguimos entrenándonos pra futuros encontros.
Vémonos, amigxs.
martes, 17 de diciembre de 2013
2M 13. Unha viaxe sonora capaz de traer a existencia a realidade de si mesma.
2M13 na Borriquita de Belém (vídeo realizado e cedido por Noe)
Dous Músicos, Médiums, Menciñeiros, Manipuladores dos sons imprevistos, percorrendo as secuencias do tempo presente, respirando xuntos na aventura da creación improvisatoria.
Atentos a posibilidade da forma, dando forma a posibilidade. Comezaron a camiñar xuntos na primavera do 2003..., e seguen insistindo. Non dubide se ten oportunidade de escoitalos ao vivo.
Está formado por: Pablo "Sax" F. Sinde - Saxofón alto e soprano + electrónica.
L.A.R. Legido - Batería, xoguetes/obxetos sonoros.
2 M é unha proposta que percorre o tempo terrestre nas sucesivas edicións que marca o calendario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)